Orixe
O museo de arte da Universidade de Vigo nace coa intención de conservar, documentar e difundir o patrimonio artístico e cultural da institución. Este proxecto pretende ser un espazo de referencia que recolla tanto a creación coma o legado artístico xerado ao longo da historia da universidade, facilitando o acceso á comunidade académica e ao público xeral. Trátase dunha iniciativa promovida pola Área de Cultura da Universidade de Vigo, que coordina os distintos procesos de documentación, investigación e difusión.
Finalidade e obxectivos
A súa finalidade é garantir a preservación do patrimonio, promover a investigación e a difusión cultural, e crear unha plataforma que poña en valor as diversas expresións artísticas vinculadas á Universidade de Vigo. O museo de arte tamén contribúe á identificación da universidade como un espazo comprometido coa cultura e coa creación contemporánea.
Agradecémoslles especialmente a todos os autores e autoras cuxas obras e achegas fan posible esta memoria viva, así como ás persoas e equipos que, con dedicación e entusiasmo, colaboraron na recollida e organización deste patrimonio.