Sen título - Descoñecido

Sen título

de Manuel Sendón
Varias localizacións.
Fotografías da construción do campus de Vigo. Das fotografías da construción do campus de Vigo hai unha na Unidade de Servizos Xerais do edificio Filomena Dato, sete na sala de lectura da biblioteca central, unha no mostrador da entrada do edificio Miralles, sete no despacho da presidencia do Consello Social e quince na secretaría do Consello Social. Diferentes medidas. Foi doada tras a exposición «Visións» que xunto con fotos de Xosé Luís Suárez Canal e Vitor Vaqueiro, documentaba coas súas diferentes miradas o proceso de construción do proxecto do arquitecto Enric Miralles para o campus de Vigo dende o ano 2001.
Compartir en: